Ante o despregamento policial, o home acabou entregándose voluntariamente e foi, finalmente, detido, precisaron as fontes da Garda Civil.
O caso tivo lugar no Servizo de Urxencias do Hospital Vithas Vigo, que indica que "a localización esquerda do apéndice débese a unha malformación intestinal que se dá nun de cada 500 nacementos, un 0,2 % da poboación".
Celebrarase entre os días 2 e 4 de maio en dúas localizacións: o Pazo de Fonseca e a Facultade de Psicoloxía da USC, e contará coa participación de 44 expertos e expertas deste ámbito.
En base aos últimos datos estatísticos feitos públicos polo Ministerio de Educación correspondentes ao curso 2022-2023.
Usuarios da vía informan de que a circulación dos coches é moi lenta, van cos catros intermitentes postes a modo de aviso e hai risco de que esvaren na capa de xeo.
As actividades enoturísticas desenvolveranse entre o 24 e o 26 de maio e o prazo para inscribirse ábrese o día 2 de maio. Para facilitar o desprazamento ao territorio da D.O. Ribeira Sacra haberá un 'Bus do Viño' con saídas dende as principais cidades galegas: Ourense, Lugo, Vigo, A Coruña e Santiago.
Un dos seus donos, Fran, explica ao Galicia Confidencial que Odie é 'influencer' dende a cuna, pois "encántalle posar e cando ve unha cámara xa está lista para a foto". Ademais, tamén lle encanta viaxar, "é ver a caravana e andar de arriba para abaixo".
Fixéronse rexistros fundamentalmente en vivendas, nos municipios de Vilagarcía, Vilanova de Arousa, Cambados, Soutomaior así como en Ferrol e en Madrid
O Concello de Allariz presenta un completo programa de actividades divulgativas, formativas e de tempo de lecer compartido pensadas para coidar e forzalecer os lazos afectivos na familia. As actividades realizaranse os días 4, 10, 11, 12 e 15 de maio.
Os familiares acudirán ao consulado arxentino o vindeiro xoves, 2 de maio, e ás 16,00 horas reuniranse no centro Ágora da Coruña para explicar quen eran os seus familiares deportados
Os probadores colectivos con cita previa permiten facer reservas de media hora de duración para dúas ou catro persoas nunha contorna interactiva e equipados cun sistema de recoñecemento de pezas.
O goberno local culpa á Xunta de "falta de resposta" e o Executivo autonómico lémbralle que rexeitou en dúas ocasións o seu convenio de colaboración.
A reserva hídrica de Galicia conta con 3.184 hectómetros cúbicos, de forma que se sitúa no 85,7 %, dous puntos menos que hai unha semana, segundo os datos que publica o Ministerio para a Transición Ecolóxica este martes.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, expuxo unha "implantación progresiva" das medidas comprometidas, co inicio primeiro en "grupos prioritarios" e logo chegar "ás mulleres que o desexen".
Axentes da Garda Civil detiveron na estrada LU-612 a dous veciños de Lugo como presuntos autores dos delitos de roubo con forza en vivendas habitadas e por tenencia ilícita de armas.
Tal como informou a Policía Local, os feitos producíronse sobre as 00.15 horas no camiño da Feira, cando unha unidade que estaba a intervir nunha colisión dun camión contra un poste do tendido eléctrico escoitou unha forte explosión nunha nave próxima.
No lugar, os axentes da Garda Civil comprobaron que se trataba dunha colisión por alcance entre dous camións da mesma empresa nunha pista que une a N-525 coa localidade de Bóveda, en Vilar de Barrio.